Tuesday 30 de April de 2024

O BNG da Laracha presentará alegacións ao proxecto de Praque Eólico Carboeiro


O BNG da Laracha presentará alegacións ao proxecto de parque eólico Carboeiro, que afecta os concellos de Arteixo, Culleredo e A Laracha. Trátase dun novo proxecto no que se prevé a instalación de 8 aeroxeneradores, con alturas de entre 200 e 240 metros, e cunha potencia de 4,5 MW cada un. Dous dos aeroxeneradores están ubicados no concello da Laracha, ademáis dunha subestación, atópandose algúns lugares como os da Portela, Vilarmaior e Camporreal a unha distancia de menos dun km dalgún dos muiños. No radio de menos de 2 kms de distancia dos aeroxeneradores son moitos os lugares afectados, nas parroquias de Erboedo e Soandres (A Millarada, Vista Alegre, Condesuso, Borreiros…).

Ademáis da evidente afección para a saúde das persoas, este novo proxecto de parque eólico e todo o que suporía a súa execución, tería unha importante afección medioambiental, sobre o patrimonio e sobre os recursos hídricos. En canto ao patrimonio, cómpre destacar un elemento importante como é o “Marco da Anta” ou “Menhir de Erboedo” situado na parroquia de Erboedo (no límite co veciño concello de Arteixo), que forma parte do plano de recuperación posta en valor do patrimonio histórico-natural aprobado polo concello da Laracha e que ademáis o propio concello propuxo a súa inclusión no catálogo do “Parque do Megalitismo da Costa da Morte”.